AVALIACIÓN CONTINUA: PARA PODER APROBAR A ASIGNATURA, O ALUMNO/A DEBERÁ OBTER UNHA NOTA GLOBAL IGUAL OU SUPERIOR A 5. 1) A avaliación continua supón unha nota global da materia resultante
de ponderar a nota de cada unha das actividades indicadas arriba
(prácticas de laboratorio, seminario, resolución de problemas y/o u
exercicios: proba 1 e 2). A asistencia a algunha sesión de prácticas ou a
algunha proba de seminario implica que o alumno/a está sendo avaliado,
polo que a súa cualificación na acta no poderá ser "non presentado". 2) Unicamente farase media coa nota de prácticas de laboratorio e seminario (no porcentaxe indicado) cando a nota media das
probas 1 e 2 séa igual ou superior a 3.5 puntos. A nota inferior a 3.5
supón o suspenso da asignatura e será a nota que figure na acta. 3) A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria, polo
que a non asistencia suporá o suspenso da materia. No caso de
obter unha nota inferior a 5 nas prácticas, poderase recuperar a
nota na proba da segunda oportunidade (xullo). Gardarase a nota de prácticas superadas en cursos anteriores. 4) 2ª OPORTUNIDADE: As notas das actividades superadas na primeira
oportunidade serán gardadas para a segunda oportunidade. Para esta
segunda oportunidade establécense os mesmos requisitos
descritos no punto 2 sendo, neste caso, a nota
do exame a que limite facer media co resto das actividades.
Ademais, dita convocatoria contará cunha proba específica para a
recuperación da nota de prácticas no caso de ser necesario. EVALUACIÓN GLOBAL: Aqueles alumnos/as que renuncien á avaliación continua,
poderán solicitar avaliación global no período establecido polo centro.
Dita avaliación levarase a cabo nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade. PARA PODER APROBAR A ASIGNATURA, O ALUMNO/A DEBERÁ OBTER UNHA NOTA GLOBAL IGUAL OU SUPERIOR A 5. 5)
Únicamente farase media coa nota de prácticas de laboratorio cando a nota do exame sea igual ou superior a 4.25 puntos (sendo o cálculo da nota global do 85% para o exame oficial e do 15% para a nota de prácticas). A nota inferior a 4.25 supón o suspenso da
asignatura e será a nota que figure na acta. 6) A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria, polo que a non asistencia suporá o suspenso da materia. No caso de obter
unha nota inferior a 5 nas prácticas, poderase recuperar a nota no exame oficial. Gardarase a nota de prácticas
superadas en cursos anteriores. 7) 2ª OPORTUNIDADE: Para esta segunda oportunidade establécense os mesmos requisitos descritos no punto 5. As datas dos exames serán publicados no seguinte enlace (http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes). Os horarios están dispoñibles no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/horarios |