Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Xeoloxía: Xeoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Resolución de dúbidas mediante titorías individualizadas ou grupais, tanto presenciais como a distancia ou por correo electrónico. Recoméndase que o alumnado se poña en contacto co profesorado por correo electrónico, coa antelación suficiente para pedir cita.
Actividades introdutorias Resolución de dúbidas mediante titorías individualizadas. Recoméndase que o alumnado se poña en contacto co profesorado por correo electrónico, coa antelación suficiente para pedir cita.
Prácticas de campo Instrucións in situ para o manexo do compás xeolóxico, criterios para o recoñecemento de rochas, identificación de ambientes sedimentarios en medios actuais.
Prácticas de laboratorio Explicación e consellos para a resolución de exercicios sinxelos de cartografía xeolóxica en pequenos grupos. Para as titorías, recoméndase que os estudantes se poñan en contacto co profesorado por correo electrónico, coa antelación suficiente para pedir cita.
Seminario Instrucións detalladas sobre como enviar un informe. Consulta de bases de datos especializadas. Asesoramento para a elección dun tema a desenvolver na memoria. Resolución de dúbidas mediante titorías individualizadas. Recoméndase que o alumnado se poña en contacto co profesorado por correo electrónico, coa suficiente antelación para concertar cita.
Presentación Instrucións detalladas sobre como organizar unha exposición oral e sobre os recursos dispoñibles. Resolución de dúbidas mediante titorías personalizadas. Recoméndase que o alumnado se poña en contacto co profesorado por correo electrónico, coa antelación suficiente para pedir cita.
Probas Descrición
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Instrucións detalladas sobre o contido e como enviar un informe. Presentación de datos mediante táboas e figuras. Busca información na rede. Resolución de dúbidas mediante titorías individualizadas.
Exame de preguntas de desenvolvemento Resolución de dúbidas mediante titorías individualizadas. Recoméndase que o alumnado se poña en contacto co profesorado por correo electrónico, coa antelación suficiente para pedir cita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000