Educational guide 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioloxía: Evolución
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de 3 ou 4 horas cada unha:

1. Recoñecemento e interpretación do rexistro fósil (3 horas). Os alumnos enfrontaranse a unha serie estatigráfica real, con fósiles incluídos no seu ambiente tafonómico e terán que aprender as claves da súa interpretación.

2. Análise filoxenético (3 horas). Os obxectivos principais da prática é que os alumnos aprendan a aplicar as ferramentas mais sinxelas de análises filoxenético. Para iso utilizasen un conxunto pequeno de datos de diferentes especies, e seleccionando os caracteres, exporán unha hipótese filoxenética dese conxunto de organismos, co fin de realizar as interpretacións evolutivas entre os grupos.

3. Evolución humana (4 horas). Unha das principais ferramentas da evolución humana é a comparación de cranios de diferentes especies de homíninos. A práctica permitirá que os alumnos infiran as relacións evolutivas na liñaxe humana utilizando unha colección de réplicas de cranios fósiles. Ademais, replicarase un experimento sobre selección social en humanos co fin de coñecer e interpretar os estudos evolutivos sobre a conduta humana.

4. Práctica de visualización de vídeos (3 horas). Formato de comunicación audiovisual e divulgación
evolutiva. Visionado de series de vídeos evolutivos. Discusión e repaso de conceptos e mecanismos
evolutivos. Elaboración de informe de comprensión dos vídeos visualizados polo alumno.
Explicación do protocolo de elaboración de guións para realizar vídeos curtos. Elaboración, por parte do alumno, dun guión para un vídeo evolutivo.
Saídas de estudo Os alumnos desprazásense a unha zona do intermareal rochoso (Costa de Cabo Estai) co fin de observar cópulas in situ dunha ou varias especies para poder estimar o compoñente de eficacia sexual para algun carácter de fácil determinación como é a cor da cuncha. Tamén estudarán para os mesmos caracteres a frecuencia do mismo en diferentes estadíos do ciclo de vida, co fin de estimar o compoñente de viabilidade.
Lección maxistral Aos alumnos explícaselles o temario principal da materia por medio de clases amenas, aderezadas coa presentación dalgún vídeo profesional ocasional. Os alumnos estarán presentes en forma dun só grupo presencial. Na plataforma docente poderán dispor de material didáctico de apoio, presentacións en pdf, etc. Tamén disporán da información (aínda non é completa) explicada en forma de texto e imaxes na páxina WEB que se está desenvolvendo para a materia: http://evolucion.webs7.uvigo.é/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000