Cada estudante disporá dun titor/a que orientará na realización do traballo fin de grao, fará o seguimento do mesmo e participará na súa avaliación, dacordo coa normativa aprobada para esta materia.
Probas
Descrición
Proxecto
O estudante desenvolverá un proxecto orixinal de forma autónoma e baixo a supervisión do titor, no que porá en evidencia as competencias adquiridas ao longo da titulación. Ao final deberá recoller os resultados do proxecto nunha memoria, dacordo coas normas establecidas para iso. Tamén fará unha presentación da memoria diante do tibunal, constituindo o proxecto e a memoria a maior porcentaxe da cualificación que obteña na materia. O titor supervisará tamén a memoria e a presentación, facilitando os trámites ata a finalización do traballo fin de grao.