Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Presentación dunha memoria final na que se recollerá a metodoloxía, materiais, datos obtidos, análise estatística, representación gráfica e discusión dos resultados obtidos, incluíndo toda a bibliografía consultada. |
40 |
A3 A4 A5
|
B2 B3 B4 B7 B10 B11
|
C3 C4 C5 C10 C16 C17 C19 C20 C21 C23 C24 C25 C31 C33
|
D2 D4 D5 D6 D7 D9 D10 D11 D13 D14 D15 D16 D17
|
Dado que as
actividades de formación e avaliación continua programadas dentro das Prácticas
de Laboratorio e dos Seminarios deseñadas para formar ao alumnado en
habilidades e competencias directamente relacionadas co exercicio da profesión
no campo do da biotecnoloxía aplicada á produción vexetal, a asistencia e
participación do alumnado en ambas as actividades avaliables é
obrigatoria, de tal maneira que a ausencia ou non realización inxustificada
destas actividades impedirá superar a materia. Por tanto, considerando a
natureza práctica e os resultados de formación e aprendizaxe que se perseguen
alcanzar con ambas as metodoloxías, o alumnado que opte pola modalidade de avaliación
global tamén deberá realizar obrigatoriamente estas actividades.
Será imprescindible obter en cada unha das partes, polo menos un 40 %
do total da avaliación, para compensar. Os alumnos que non cumpran este
requisito na primeira oportunidade serán cualificados na acta coa nota máis
alta alcanzada nas partes suspensas, e deberán repetir na segunda oportunidade
(xullo) a proba relativa á parte ou partes nas que non alcanzasen o 4,0.
Loxicamente, os alumnos que se atopen nesta situación conservarán a nota da/s
parte/s superada/s (≥4,0) en primeira oportunidade e das Prácticas e Seminarios,
para telas en conta na nota final. Na segunda oportunidade, será tamén
imprescindible alcanzar o 4,0 en todas as partes obxecto de recuperación. Os
informes de prácticas e seminarios que se deban superar na segunda
convocatoria realizaranse de forma individual . No caso das prácticas,
unha vez superadas, se garda a nota para o curso seguinte.
Aspectos éticos, perseguirase o plaxio nos traballos, así como copiar doutros
estudantes durante as probas de avaliación. podendo ser motivo de redución da
nota e mesmo de obter un suspenso na materia. Esta conduta dolosa será
sancionada coa firmeza e rigor que estableza a normativa vixente e pode supoñer
a suspensión da materia durante todo un curso.
As datas dos examenes indícanse na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exa |