Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B2 |
Capacidade de lectura e análise de documentos científicos e de interpretar datos e informacións, extraendo o esencial do accesorio ou secundario, e de fundamentar debidamente as pertinentes conclusións. |
B3 |
Adquirir coñecementos xerais das materias básicas da bioloxía, tanto a nivel teórico como experimental, sen descartar unha maior especialización en materias que se orientan a un ámbito profesional concreto. |
B4 |
Capacidade para manexar ferramentas experimentais, incluíndo a instrumentación científica e informática, que apoien a busca de solucións a problemas relacionados co coñecemento básico da bioloxía e con aqueles propios dun contexto laboral. |
B5 |
Coñecer os niveis de organización dos seres vivos tanto dende un punto de vista estrutural (molecular, celular, orgánico) como funcional, observando as súas relacións co medio e con outros organismos, así como as súas manifestacións ante situacións de alteración ambiental. |
B7 |
Saber recompilar información sobre temas de interese de ámbito biolóxico, analizala e emitir xuízos críticos e razoados sobre estes, incluíndo cando sexa precisa a reflexión sobre aspectos sociais e/ou éticos relacionados coa temática. |
B10 |
Desenvolver as capacidades analíticas e de abstracción, a intuición e o pensamento lóxico e rigoroso a través do estudo da bioloxía e as súas aplicacións. |
B11 |
Saber comunicar a todo tipo de audiencias (especializadas ou non) de xeito claro e preciso coñecementos, metodoloxías, ideas, problemas e solucións relacionadas con distintos ámbitos da bioloxía. |
B12 |
Capacidade para identificar as súas propias necesidades formativas no campo da bioloxía e en ámbitos laborais concretos, e de organizar a súa aprendizaxe cun alto grao de autonomía en calquera contexto. |
C1 |
Obter, manexar, conservar, describir e identificar espécimes biolóxicos actuais e fósiles |
C9 |
Analizar e interpretar o comportamento dos seres vivos |
C10 |
Analizar e interpretar as adaptacións dos seres vivos ao medio |
C11 |
Tomar mostras, caracterizar, xerir, conservar e restaurar poboacións, comunidades e ecosistemas |
C12 |
Catalogar, cartografar, avaliar, conservar, restaurar e xerir recursos naturais e biolóxicos |
C15 |
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. Interpretar a paisaxe |
C19 |
Identificar, xerir e comunicar riscos agroalimentarios e ambientais |
C22 |
Identificar, caracterizar e utilizar bioindicadores |
C23 |
Desenvolver, xerir e aplicar técnicas de control biolóxico |
C25 |
Obter información, desenvolver experimentos e interpretar os resultados |
C31 |
Coñecer e manexar instrumentación científico-técnica |
C32 |
Capacidade para coñecer e manexar os conceptos e a terminoloxía propios ou específicos |
C33 |
Capacidade para comprender a proxección social da bioloxía |
D1 |
Desenvolver a capacidade de análise e síntese |
D2 |
Adquirir a capacidade de organizar e planificar as tarefas e o tempo |
D3 |
Desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita |
D4 |
Adquirir coñecementos de lingua extranxeira relativos ao ámbito de estudo |
D5 |
Empregar recursos informáticos relativos ao ámbito de estudo |
D6 |
Saber buscar e interpretar información procedente de fontes diversas |
D7 |
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva |
D8 |
Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma |
D9 |
Traballar en colaboración ou formando equipos de carácter interdisciplinar |
D10 |
Desenvolver o razoamento crítico |
D11 |
Adquirir un compromiso ético coa sociedade e a profesión |
D12 |
Comportarse con respecto á diversidade e a multiculturalidade |
D13 |
Sensibilización polos temas medioambientais |
D14 |
Adquirir habilidades nas relacións interpersoais |
D15 |
Desarrollar a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor |
D16 |
Asumir un compromiso coa calidade |
D17 |
Desenvolver a capacidade de autocrítica |
D18 |
Desenvolver a capacidade de negociación |