Resolución de problemas |
Realizaranse problemas numéricos relacionados cos contidos teóricos da materia. Cada alumno deberá asistir a dúas sesións de 1:30 h cada unha. Estas clases serán impartidas por Bernardino González. (Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios). |
Prácticas con apoio das TIC |
Introdución aos métodos de simulación dinámica de poboacións. Está práctica terá unha duración de 4 h. Será impartida por Marcos Fontela e Aide Lasa. (Véxase o calendario en http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios). |