As probas que conforman a
avaliación entregaranse en español ou galego (de acordo coa elección do/ a
estudante). É responsabilidade do
alumnado consultar os materiais da materia a través da plataforma Moovi https:// moovi. uvigo, así como estar ao tanto das cuestións que se abordan e das datas das entregas das probas que conforman a materia. Os estudantes que non
asistan ás clases deben poñerse en contacto coa docente na primeira semana do
curso. 1) Primeira edición de
actas: • Avaliación estudantes
presenciais: para poder ser avaliado/a con as porcentaxes indicadas será
necesario asistir e participar activamente nas sesións presenciais (debates, traballos tutelados, etc.) así como entregar tódalas actividades que se proporán ao final das unidades temáticas (Resolución de problemas de forma autónoma 40% y Proyecto 30%). Nas sesións presenciais precisaranse as característcicas destas probas, as datas de entrega e o sistema de entrega (subir á
plataforma Moovi). Estas cuestións indícanse tamén na documentación
que figura en Moovi. • Avaliación estudantes
que non asistan ás clases: deben poñerse en contacto coa docente na
primeira semana do curso. A súa avaliación incluirá: Traballo tutelado (20%), Resolución de problemas de forma autónoma (40%) e Proxecto (40%). Nas sesións presenciais precisaranse as característcicas destas probas, as datas de entrega e o
sistema de entrega (subir á plataforma Moovi). Estas cuestións indícanse tamén na
documentación que figura en Moovi. **NOTA para todos/ as estudantes: para poder ser avaliado/a, hai que realizar e entregar todas as probas avaliables previstas na mesma edición de actas. Non se pode entregar na 1º ed. de actas unha parte e na 2º ed. de actas outra (nin uns bloques/ tipo de
actividades nunha edición e outros noutra ou outros casos similares). En caso
de non facelo como se indica, na acta figurará NP. 2) Segunda edición de actas:
• Os/as estudantes que non superen a materia na 1ª edición de actas ou
non se presenten nesa 1ª convocatoria, poden facelo na 2ª edición de actas. A evaluación incluirá as seguintes probas: Resolución de problemas de forma autónoma (60%) e Proxecto (40%). Entregaranse no prazo que
indique ao comezo das sesións da materia e co sistema de entrega previsto
(subir á plataforma Moovi). Estas cuestións indícanse tamén na
documentación que figura en Moovi. **NOTA: para poder ser avaliado/a, hai que realizar e entregar todas as probas previstas. En caso de non facelo como se indica, na acta figurará NP. |