Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución especializada económico-comercial Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
A2 CB7 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en novas contornas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu eido de estudo.
A3 CB8 - Que o estudantado sexa quen de integrar coñecementos e encarar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta o limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas ligadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 CB9 - Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüedades
B1 Dominar as ferramentas tecnolóxicas e informáticas especializadas e coas metodoloxías de investigación máis relevantes que permitan planear e executar a investigación e interpretar os seus resultados para ampliar o coñecemento, así como para utilizalos nos contextos profesionais.
B2 Dominar os elementos principais das disciplinas máis relevantes relacionadas coa tradución e interpretación, especialmente a historia, a antropoloxía, a filosofía, a sociología, a semiótica, a teoría da literatura, a política, a economía, os estudos culturais e os estudos de xénero.
B3 Dispor dun espírito crítico e reflexivo, áxil e práctico ante fenómenos culturais que transvasan as fronteiras lingüísticas e culturais
B4 Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da tradución especializada e da mediación cultural
B5 Adquirir as habilidades de revisión e corrección de textos traducidos.
B6 Saber identificar un obxecto de investigación, formular hipótese, empregar unha metodoloxía apropiada, analizar e presentar resultados
B7 Comprender o proceso tradutolóxico como un fenómeno holístico e transversal
B8 Ser quen de integrar os coñecementos adquiridos e ter capacidade para enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir de contornas novas ou pouco coñecidos e cunha informacion que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando, formándose e investigando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C1 Capacidade para aplicar os principios prácticos da investigación empírica en T/I na súa dobre vertente experimental e observacional e para desenvolver o procesamiento da información na súa aplicación ao estudo de T/I.
C2 Capacidade para deseñar traballos experimentais, observacionais e estudos de campo en T/I e para desenvolver na práctica eses principios mediante a elaboración, presentación e discusión de proxectos reais de investigación empírica en T/I.
C3 Capacidade para analizar, recoñecer e avaliar a transcendencia ideolóxica e sociocultural dunha política de tradución para unha cultura ou comunidade
C4 Saber establecer un método de traballo de campo cuxas hipótese non estean condicionadas polo estado da cuestión clásico en tradutoloxía.
C5 Recoñecer e categorizar como tradutoras moitas prácticas sociais e multimodais que, dependendo das normas establecidas, non son habitualmente recoñecidas como tales. Como consecuencia, promover a lexitimidade destas prácticas, tanto profesionais como ocasionais, e incrementar a dimensión teórica dos estudos de tradución e interpretación.
C6 Saber fomentar as boas prácticas de reciprocidade social en investigación, animando á persoa investigadora a alimentar o diálogo universidade-sociedade mediante a observación directa e o contacto necesarios coa sociedade na que vive.
C7 Coñecer a nivel avanzado os métodos de investigación empírica máis importantes aplicables a contornas laborais concretos da interpretación, en especial nos servizos públicos e nas conferencias internacionais.
C8 Saber deseñar, planificar e realizar un traballo empírico de investigación en interpretación, xa sexa observacional, experimental ou un traballo de campo, entrevista ou cuestionario para a investigación.
C9 Dominar as habilidades de redacción dun traballo de investigación empírica.
D1 Construír unha visión holística dos fenómenos de tradución, interpretación e paratraducción en relación con outras actividades e disciplinas científicas
D2 Dominio das distintas ferramentas TIC de axuda á tradución, xestión de memorias, procesamento de textos, fluxo de traballo, programas específicos para distintas especialidades (subtitulaxe, localización, tradución técnica, edición, etc.)
D3 Coñecer a nivel avanzado os métodos de investigación empírica máis importantes aplicables a contornas laborais en especialidades e disciplinas relacionadas coa tradución e a interpretación
D4 Aprender a deseñar, planificar e realizar un traballo empírico de investigación, xa sexa observacional, experimental ou un traballo de campo, entrevista ou cuestionario para a investigación
D5 Asimilar as achegas teóricas de interese mutuo entre os estudos tradutolóxicos e outras disciplinas relacionadas.
D6 Planificación e desenvolvemento de ensaios escritos e presentacións que conteñan formulacións orixinais, utilicen unha metodoloxía rigorosa, e establezan os parámetros de interpretación crítica adecuada sobre a relación entre tradución/ intepretación e outras disciplinas.
D7 Poder avaliar o capital social, económico e simbólico dos distintos axentes que interveñen nos distintos procesos relacionados coa tradución /interpretación.
D8 Capacidade para traducir, corrixir e revisar produtos para a pantalla mediante varias modalidades por exemplo dobraxe, subtitulaxe (interlingüística e intralingüística), voces superpostas e audiodescrición, tendo en conta o cliente e o destinatario
D9 Capacidade de aprendizaxe autónoma e continua dos contextos técnicos e teóricos relacionados co proxecto de investigación co cal se está colaborando.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000