Esta materia ofrece ao estudantado a posibilidade de traballar na tradución directa e inversa de textos especializados dos eidos da economía e do comercio. O traballo con este tipo de textos proporcionarálle ao estudantado a capacitación necesaria para continuar o desenvolvemento das súas competencias como tradutoras/es profesionais, xa que afondará na aplicación práctica dos coñecementos teóricos, terminolóxicos e documentais.
Materia do programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.