Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia. O debate terá lugar durante a última sesión presencial, mentres que as outras dúas probas de avaliación celebraranse durante as semanas posteriores á finalización das sesións presenciais: o exame farase a través da plataforma Moovi, mentras que o traballo subirase a mesma plataforma. En atención á conciliación dos estudos coa vida laboral e familiar, ao estudante que non poda asistir á sesión na que se faga o debate daráselle a oportunidade de facer unha tarea alternativa relacionada co mesmo, que subirá no prazo establecido á plataforma Moovi. O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Os estudantes que non sigan o procedemento de avaliación continua deberán realizar un exame, que supoñerá o 100% da cualificación (avaliación global). Mediante este exame avaliaranse todas as competencias da materia. Segunda oportunidade (e convocatoria extraordinaria): os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade teñen dúas opcións: - Realizar un exame na data establecida pola Coordinación do Máster (mes de xullo), que suporá o 100% da cualificación. Mediante este exame avaliaranse todas as
competencias da materia. - Conservar a nota obtida no Debate (20%) e no Traballo (40%), sempre que sexan superiores a 3.5 (sobre 10) e realizar, unicamente, o Exame de preguntas obxectivas (40%), a través da plataforma Moovi, na data establecida pola Coordinación do Máster (mes de xullo). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia. Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba
a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba, e a
puntuación total é igual ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.9 (sobre 10). |