Actividades introdutorias |
As actividades introdutorias consisten na sesión de presentación. Nela
exporase a posición da materia no contexto dos estudos de posgrao (no módulo B1: Tradución para a comunicación intercultural), os obxectivos do curso, a
metodoloxía, as actividades, así como o sistema de avaliación.
A bibliografía de consulta e lectura estará a disposición do alumnado na plataforma de FAITIC. |
Lección maxistral |
O formato de clase maxistral está indicado para transferir coñecementos e sensibilizar o alumnado
sobre temas tanto xerais como transversais. Serven para iniciar á metalinguaxe asociada ás
destrezas precisas nesta materia, e transmitir formas de adquisición da información e de
comprensión do sentido.
|