A materia de «Tradución e Patrimonio» examina modelos de tradución avanzada relativos ós patrimonios e ás paisaxes culturais ou naturais, principalmente no contexto da tradución do texto museístico, expositivo e turístico.
Esta materia pertence ó programa English Friendly. Os/as estudantes internacionais poderán solicitarlle ó docente: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.