Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución de videoxogos
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B6 Saber identificar un obxecto de investigación, formular hipótese, empregar unha metodoloxía apropiada, analizar e presentar resultados
C3 Capacidade para analizar, recoñecer e avaliar a transcendencia ideolóxica e sociocultural dunha política de tradución para unha cultura ou comunidade
C4 Saber establecer un método de traballo de campo cuxas hipótese non estean condicionadas polo estado da cuestión clásico en tradutoloxía.
C5 Recoñecer e categorizar como tradutoras moitas prácticas sociais e multimodais que, dependendo das normas establecidas, non son habitualmente recoñecidas como tales. Como consecuencia, promover a lexitimidade destas prácticas, tanto profesionais como ocasionais, e incrementar a dimensión teórica dos estudos de tradución e interpretación.
C6 Saber fomentar as boas prácticas de reciprocidade social en investigación, animando á persoa investigadora a alimentar o diálogo universidade-sociedade mediante a observación directa e o contacto necesarios coa sociedade na que vive.
C7 Coñecer a nivel avanzado os métodos de investigación empírica máis importantes aplicables a contornas laborais concretos da interpretación, en especial nos servizos públicos e nas conferencias internacionais.
C8 Saber deseñar, planificar e realizar un traballo empírico de investigación en interpretación, xa sexa observacional, experimental ou un traballo de campo, entrevista ou cuestionario para a investigación.
D1 Construír unha visión holística dos fenómenos de tradución, interpretación e paratraducción en relación con outras actividades e disciplinas científicas
D3 Coñecer a nivel avanzado os métodos de investigación empírica máis importantes aplicables a contornas laborais en especialidades e disciplinas relacionadas coa tradución e a interpretación
D4 Aprender a deseñar, planificar e realizar un traballo empírico de investigación, xa sexa observacional, experimental ou un traballo de campo, entrevista ou cuestionario para a investigación
D5 Asimilar as achegas teóricas de interese mutuo entre os estudos tradutolóxicos e outras disciplinas relacionadas.
D7 Poder avaliar o capital social, económico e simbólico dos distintos axentes que interveñen nos distintos procesos relacionados coa tradución /interpretación.
D8 Capacidade para traducir, corrixir e revisar produtos para a pantalla mediante varias modalidades por exemplo dobraxe, subtitulaxe (interlingüística e intralingüística), voces superpostas e audiodescrición, tendo en conta o cliente e o destinatario
D9 Capacidade de aprendizaxe autónoma e continua dos contextos técnicos e teóricos relacionados co proxecto de investigación co cal se está colaborando.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000