Código |
Descrición |
B6 |
Saber identificar un obxecto de investigación, formular hipótese, empregar unha metodoloxía apropiada, analizar e presentar resultados |
C3 |
Capacidade para analizar, recoñecer e avaliar a transcendencia ideolóxica e sociocultural dunha política de tradución para unha cultura ou comunidade |
C4 |
Saber establecer un método de traballo de campo cuxas hipótese non estean condicionadas polo estado da cuestión clásico en tradutoloxía. |
C5 |
Recoñecer e categorizar como tradutoras moitas prácticas sociais e multimodais que, dependendo das normas establecidas, non son habitualmente recoñecidas como tales. Como consecuencia, promover a lexitimidade destas prácticas, tanto profesionais como ocasionais, e incrementar a dimensión teórica dos estudos de tradución e interpretación. |
C6 |
Saber fomentar as boas prácticas de reciprocidade social en investigación, animando á persoa investigadora a alimentar o diálogo universidade-sociedade mediante a observación directa e o contacto necesarios coa sociedade na que vive. |
C7 |
Coñecer a nivel avanzado os métodos de investigación empírica máis importantes aplicables a contornas laborais concretos da interpretación, en especial nos servizos públicos e nas conferencias internacionais. |
C8 |
Saber deseñar, planificar e realizar un traballo empírico de investigación en interpretación, xa sexa observacional, experimental ou un traballo de campo, entrevista ou cuestionario para a investigación. |
D1 |
Construír unha visión holística dos fenómenos de tradución, interpretación e paratraducción en relación con outras actividades e disciplinas científicas |
D3 |
Coñecer a nivel avanzado os métodos de investigación empírica máis importantes aplicables a contornas laborais en especialidades e disciplinas relacionadas coa tradución e a interpretación |
D4 |
Aprender a deseñar, planificar e realizar un traballo empírico de investigación, xa sexa observacional, experimental ou un traballo de campo, entrevista ou cuestionario para a investigación |
D5 |
Asimilar as achegas teóricas de interese mutuo entre os estudos tradutolóxicos e outras disciplinas relacionadas. |
D7 |
Poder avaliar o capital social, económico e simbólico dos distintos axentes que interveñen nos distintos procesos relacionados coa tradución /interpretación. |
D8 |
Capacidade para traducir, corrixir e revisar produtos para a pantalla mediante varias modalidades por exemplo dobraxe, subtitulaxe (interlingüística e intralingüística), voces superpostas e audiodescrición, tendo en conta o cliente e o destinatario |
D9 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma e continua dos contextos técnicos e teóricos relacionados co proxecto de investigación co cal se está colaborando. |