Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Emprendemento para a tradución e a interpretación nas dinámicas do mercado laboral
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Emprendemento para a tradución e a interpretación nas dinámicas do mercado laboral Código V01M128V11107
Titulación
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Luna Alonso, Ana
Ferreiro Vázquez, Óscar
Gregori Sendra, Jessica
Correo-e aluna@uvigo.es
gregori@uvigo.es
oferreiro@uvigo.es
Profesorado
Ferreiro Vázquez, Óscar
Gregori Sendra, Jessica
Web http://https://paratraduccion.com/limiares/emprendemento/
Descrición xeral O obxectivo principal desta materia do módulo A obrigatorio de emprendemento do MTCI é que o alumnado adquira unha visión xeral do emprendimento, tanto no ámbito do traballo autónomo como na creación de empresas. Búscase conectar os coñecementos académicos con outras áreas, fomentando a capacidade de identificar oportunidades e desenvolver proxectos emprendedores. Ao rematar este módulo, o alumnado terá adquirido unha comprensión integral do emprendemento, que inclúe:

. Conceptos clave do emprendemento
. Habilidades emprendedoras: desenvolveranse as habilidades de emprendemento específicas do ámbito da tradución.
. Aplicación na carreira de tradución: analizaranse as posibilidades de emprendemento específicas do ámbito da tradución.
. Emprendemento noutros sectores: ampliaranse as miras cara ao emprendemento en xeral, estudando exemplos de éxito en diferentes áreas.

Este módulo busca formar ao alumnado como profesionais versátiles e preparados para enfrontar os retos do mundo laboral, dotándoo das ferramentas e da visión necesarias para emprender no ámbito que máis lle apaixone.

Para iso a materia estruturarase en dous bloques.

No primeiro tratarase de identificar as calidades e valores do emprendemento, a identificación de oportunidades, así como as habilidades fundamentais que deben de ter os emprendedores e no segundo traballarase sobre os aspectos necesarios para pór en marcha un plan de emprendemento, desde o nacemento do proxecto até a súa execución final.

O segundo bloque está máis enfocado á mercadotecnia para emprendedores. Nel traballarase a creación e xestión da imaxe de marca e as redes sociais para emprendedores.

Como bloque separado analizaranse programas e axudas vixentes para emprendedores que poden axudar aos alumnos no seu futuro emprendemento.

A materia terá un carácter eminentemente práctico para achegar aos estudantes a unha experiencia real de emprendemento e, ademais, desenvolveranse as habilidades de traballo en grupo e presentación efectiva de ideas e proxectos.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000