As prácticas externas consistirán na actualización das competencias adquiridas no mestrado nun entorno profesional real. Teñen como obxectivo principal achegar o alumnado ao ambiente laboral nos distintos ámbitos profesionais sobre os que podería orientar a súa actividade futura.
Anualmente publicarase a oferta de prazas de prácticas. As prazas ofertadas serán adxudicadas segundo criterios académicos.