Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Estratexias e Métodos de Ensino e Aprendizaxe
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado O alumnado será atendido para resolver todas as súas dúbidas (en modo presencial ou virtual) por parte do profesor da materia.
Lección maxistral O profesor expoñerá contidos da materia e proporá liñas de investigación así como directrices sobre lecturas, traballos, exercicios ou proxectos que debe realizar o alumnado. O temario divídese en dúas grandes partes: a primeira referida a "Estratexias" (puntos 1 e 2) e a outra a "Métodos de aprendizaxe" (puntos 3 e 4).
Resolución de problemas Preséntanse cuestións en diferente formato que tentan avaliar a comprensión dos contidos da materia comentados nas leccións maxistrais ou adquiridos a partir de lecturas ou observación de casos. O alumnado será atendido para resolver todas as súas dúbidas (en modo presencial ou virtual) por parte do profesor da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000