Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B4 |
Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral. |
B5 |
Habilidad para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses. |
B8 |
Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses. |
B9 |
Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses. |
B10 |
Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo. |
C1 |
Capacidade para utilizar unha terminoloxía lingüística rigorosa así como unha notación adecuada. |
C2 |
Coñecemento dos principais modelos de investigación lingüística. |
C3 |
Coñecemento dos principais recursos e ferramentas de investigación lingüística. |
C11 |
Capacidade de aplicar métodos de investigación cuantitativa e cualitativa, de executar varios procedementos de recolleita e análise de datos e de utilizar software específico para a investigación en lingüística inglesa. |
C15 |
Coñecemento dos principios modelos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono. |
C16 |
Coñecemento dos principais recursos de investigación literario/cultural no ámbito anglófono. |
C17 |
Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono. |
C18 |
Capacidade de elaborar ensaios críticos sobre textos literarios e documentos culturais relacionados co ámbito anglófono. |
C19 |
Capacidade de traballar de forma autónoma con textos literarios de diferentes tradicións dentro do ámbito anglófono, aplicando diversas metodoloxías teóricas e críticas. |
C22 |
Capacidade para comprender diferentes achegas teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono. |