Investigación avanzada do estudo dos movementos literarios e culturais nos países de fala inglesa. Mediante a exploración dunha variada gama de textos literarios e artístico-culturais representativos de variados ámbitos xeográficos e históricos, preténdese examinar cuestións relativas á periodización xeral das literaturas anglófonas así como as tendencias ideolóxicas e culturais dominantes en cada época e ámbito. Porase especial énfase na relación entre o espazo urbán e os movementos literarios da modernidade