Este curso ofrece unha introdución á lingüística de corpus e á metodoloxía basada en traballos de corpus para o estudo da lingua inglesa. Trataranse aspectos de deseño, compilación e análise de materiais de corpus. Nas sesións prácticas o alumnado aprenderá a facer buscas con ferramentas software. O alumnado desenvolverá a habilidade de describir a variación lingüística por medio de exemplos en corpus.
As/os estudantes deste curso adquirirán competencias en:
- os principios e metodoloxías da lingüística de corpus da lingua inglesa;
- o uso práctico de corpus e ferramentas software;
- a descrición de resultados de traballos no eido da lingüística de corpus, ben traballos propios ou da literatura.