Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Perspectivas Transculturais no Ámbito Anglófono
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Participación activa nas clases e exercicios de comentario de textos teórico-críticos e textos literarios e fílmicos. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. Cada estudante liderará polo menos unha discusión teórica e unha discusión crítica dun texto literario ou fílmico na aula, pero todo o alumnado deberá participar en todas as discusións e debates de forma activa aportando reflexións razoadas. 40 A1
A3
A4
A5
B4
B6
C17
C19
C22
C25
D2
D5
D8
D9
D10
D12
D13
D15
Seminario Presentación e defensa do proxecto de traballo de cada estudiante, no que se presentará polo menos unha hipótese de traballo, un marco teórico e metodolóxico tentativo e unha bibliografía preliminar, e se defenderá a pertinencia dos mesmos. 30 A1
A3
A4
A5
B5
B6
B9
B10
C17
C18
C19
C24
C25
D2
D4
D9
D10
D12
D13
D15
D16
D19
D20
Traballo Elaboración e presentación dun traballo escrito cun estudo comparado de un texto literario e un fílmico dentre o listado que a profesora ofrece a través de Moovi para este fin. É necesario acordar previamente coa profesora a escolla de textos e a temática para o traballo. As condicións de extensión, formato e sistema de citación acompañan ao listado de textos literarios seleccionados. A data de entrega do traballo escrito comunicarase a través de Moovi. 30 A1
A3
A4
A5
B5
B6
B9
B10
C17
C18
C19
C22
C24
C25
D2
D4
D8
D9
D10
D12
D13
D15
D16
D19
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda oportunidade:

Exercicios escritos (a desenvolver na aula): 60%.

Traballo teórico/práctico cun estudo comparado de textos literarios e fílmicos: 40%

OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos dous apartados de avaliación.

Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0.

Aquelas/es estudantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

A avaliación do alumnado de intercambio seguirá exactamente o mesmo procedemento do alumnado da UVigo, sen excepcións. É importante que o alumnado de intercambio teña en conta o alto nivel de competencia lingüística esixido para aprobar a materia.

PLAXIO E USO DA IA

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo (incluidas as presentacións orais) suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

A docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a sospeita fundada por parte da docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000