Traballo tutelado |
Discusión oral dos textos (teóricos, críticos, literarios e fílmicos) de lectura e visionado obrigatorio por parte do alumnado, baixo a supervisión e coordinación da profesora. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas teóricas. |
Seminario |
Presentación e defensa do proxecto de traballo de cada estudiante, no que se presentará polo menos unha hipótese de traballo, un marco teórico e metodolóxico tentativo e unha bibliografía preliminar, e se defenderá a pertinencia dos mesmos. |