Avaliación na primeira edición de actas (decembro/xaneiro) - A avaliación será continua e basada nos catro parámetros arriba indicados e súas correspondentes porcentaxes da cualificación final. -É requisito indispensable para aprobar a asignatura asistir a tódalas sesións presenciais e obter alomenos un 5 (sobre 10) nas distintas actividades avaliadas. De xeito excepcional admitirase unha cualificación lixeiramente inferior a 5/10 nunha das actividades entregadas (coa excepción do traballo e a súa presentación oral) sempre que as demáis cualificacións obtidas sexan o suficientemente altas para compensar a devandita actividade. -
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido das respostas senón tamén a corrección lingüística. - A copia ou plaxio total ou parcial no traballo ou calquera outra actividade suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da responsabilidade neste aspecto. Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia - A/O alumna/o que non poida asistir ás sesións presenciais e realizar as actividades do curso coa regularidade necesaria por causa xustificada será avaliada/o en base á realización autónoma dun
traballo escrito sobre un tema do curso coa correspondente
presentación oral en clase no día e hora acordados entre a profesora e a/o alumna/o. Este traballo computará coma o 100% da cualificación (50% a parte escrita e 50% a presentación oral). -
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido senón tamén a corrección lingüística. - A copia ou plaxio total ou parcial no traballo suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da responsabilidade neste aspecto. Avaliación na segunda edición de actas (xuño/xullo) - A/O alumna/o de avaliación continua que non supere a materia na
primeira edición de actas por non ter superada algunha parte da
avaliación continua terá a oportunidade de refacer e presentar o traballo (incluíndo a súa presentación oral) e/ou actividades segundo as instrucións que reciba ao respecto
pola profesora para unha nova avaliación na segunda convocatoria
en xuño/xullo. O traballo ou actividades computarán cada unha sobre 10,
manténdose a(s) porcentaxe(s) das partes aprobadas na
primeira edición de actas. -
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido senón tamén a corrección lingüística. - A copia ou plaxio
total ou parcial no traballo suporá un suspenso na materia. Alegar
descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da
responsabilidade neste aspecto. Avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia - O alumnado con dispensa de asistencia que non supere a materia na
primeira edición de actas terá a oportunidade de refacer o traballo
escrito ou presentalo oralmente segundo as instrucións que reciba ao respecto da profesora para unha nova avaliación na segunda
convocatoria en xuño/xullo. -
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do
contido senón tamén a corrección lingüística. - A copia ou plaxio
total ou parcial no traballo suporá un suspenso na materia. Alegar
descoñecimento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da
responsabilidade neste aspecto. Advertencia a todo o alumnado
Turnitin é unha ferramenta ao
servizo do equipo docente para detectar seccións de texto plaxiadas doutras
fontes. O seu uso é opcional, pero o alumnado debe saber que a devandita ferramenta
detecta traballos presentados previamente tanto nesta coma en cualquera outra
universidade, incluíndo traballos da/o mesma/o estudante. Advírtese ao
alumnado que un caso de plaxio considerarase fraude académico e sancionarase aplicando a
normativa vixente con respecto á avaliación. A docente pode facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo/actividade se teña feito total our parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da docente será condición suficiente como para que o traballo/actividade suxeita a xuízo se anule e se substitúa por unha proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola docente. |