A materia de Traballo de fin de máster concíbese como un espazo didáctico de traballo tutelado. O traballo de fin de máster é un traballo persoal e orixinal tanto no título coma nos contidos que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente. O estudantado debe mostrar de forma integrada a adquisición das competencias e os contidos formativos asociados ao título.