Presentación |
Presentación do "Módulo teórico-metodolóxico" (materias, profesorado, obxectivos). Presentación da materia de "Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia" (profesorado, contidos, estruturación en bloques e temas, calendario e temporalización, materiais, avaliación, observacións). |
Lección maxistral |
Exposición e análise dos contidos do "Bloque-1 (introdutorio)" e do "Bloque-2 (avanzado)" da materia. |
Resolución de problemas |
Resolución de problemas relacionados co "Bloque-1 (introdutorio)" e do "Bloque-2 (avanzado)" da materia. |
Foros de discusión |
Discusión por parte do alumnado dos contidos, dúbidas, suxestións, críticas, etc. xurdidas da lectura do diferentes material de consulta facilitados polos docentes da materia (guía docente, artigos, base de datos de programas, etc.). Discusión orientada polo persoal docente. |
Prácticas con apoio das TIC |
Realización efectiva de diferentes proxectos básicos relacionados co ámbito da tradución multimedia (tradución audiovisual e localización, basicamente), previa identificación das diferentes tarefas do proceso tradutor e das ferramentas informáticas (hardware e/ou software) necesarias para poder levalas a cabo. O alumnado que non poida asistir a ditas prácticas poderá realizalas de maneira autónoma pola súa conta. Prácticas orientadas ("in situ" ou por vía telemática, segundo proceda) polo persoal docente. |
Traballo tutelado |
Resolución de actividades encargadas e orientadas polo persoal docente, encamiñadas a graduar a progresión do alumnado na adquisición dos coñecementos e destrezas relacionados coa materia. |