1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 1.1. Avaliación continua Na avaliación continua, a nota final calcularase a partir da media das notas obtidas nas metodoloxías de avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. A nota media mínima para aprobar a materia é de 5. O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira edición das actas, será avaliado na segunda edición das actas mediante un exame único baseado en todos os contidos da materia. Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da materia a través de Moovi e estar ao tanto das datas de realización das probas. 1.2. Avaliación única A avaliación constará dun exame global baseado nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100 % da cualificación final. A nota mínima para aprobar este exame será de 5. Este exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS Tanto na avaliación única coma na continua, na segunda edición de actas (xuño-xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado en todos os contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A nota mínima para aprobar este exame será de 5. Este exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. |