Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Seminario de lingüística aplicada: Desafíos actuais no estudo da linguaxe e as linguas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase especialmente a resolución creativa das prácticas propostas, a partir dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais 20 A2
A3
B2
B8
Estudo de casos Terase en conta o enfoque teórico e metodolóxico, alén das solucións achegadas nas problemáticas elixidas para os estudos de caso. 40 A2
A3
B2
B8
Traballo tutelado O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva dos textos propostos. Ademais, deberá entregar con antelación á celebración de cada sesión un breve documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para discutir no debate.
Para obter a máxima cualificación nesta metodoloxía é
imprescindible a asistencia e a participación activa nas sesións.
40 A2
A3
B2
B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na avaliación continua, a nota final calcularase a partir da media das notas obtidas nas metodoloxías de avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. A nota media mínima para aprobar a materia é de 5.

O alumnado que non consiga superar a materia nesta primeira edición das actas, será avaliado na segunda edición das actas mediante un exame único baseado en todos os contidos da materia.

Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da materia a través de Moovi e estar ao tanto das datas de realización das probas.

1.2. Avaliación única

A avaliación constará dun exame global baseado nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100 % da cualificación final. A nota mínima para aprobar este exame será de 5. Este exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Moovi.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Tanto na avaliación única coma na continua, na segunda edición de actas (xuño-xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado en todos os contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A nota mínima para aprobar este exame será de 5. Este exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000