Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Seminario de lingüística aplicada: Desafíos actuais no estudo da linguaxe e as linguas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión encamiñada a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, reflexionar sobre o punto de partida e presentar a materia.
Lección maxistral Introdución das bases teóricas e conceptuais relacionadas cos contidos de cada un dos temas.
Resolución de problemas Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Constitúen complementos das leccións maxistrais.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Traballo tutelado Recensións sobre artigos científicos de actualidade. O estudantado realiza o traballo de forma autónoma a partir do guión proporcionado polo/a docente. A actividade autónoma do estudante inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e debate grupal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000