Seminario |
Cada seminario está enfocado ao traballo sobre un texto específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva, entregar con antelación á celebración de cada debate un documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para debater.
En total serán tres seminarios. |
Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia.
|
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. |