Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se non fose así, deberá comunicar nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única.
-Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar independentemente proxecto, traballo e mais prácticas/saídas de estudo. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) poderanse recuperar na segunda edición (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que proporá outras accións compensatorias.
-Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xuño/xullo), a través dun exame final escrito [40%] e doutro exame oral [20%] sobre todos os contidos teórico-prácticos da materia, que se realizarán nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial, e mais de un traballo (seguindo as indicacións que se fornezan) [40%]. Cómpre superar tanto os exames coma o traballo (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas.
A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
Tal e como se recolle no parágrafo 4 do artigo 40 do Regulamento sobre avaliación (22/12/2023), o docente "poderá esixir que nos traballos e materiais entregados polo estudantado se inclúa unha declaración explícita na que se asuma a orixinalidade destes, entendida no sentido de que non se utilizaron fontes sen citalas debidamente". |