Código |
Descrición |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan acceder ao estudantado ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B3 |
Capacidade no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios. |
C6 |
Saber crear, editar e expoñer textos orais ou escritos de distintos tipos e variedades que satisfagan as necesidades do público ao que están destinados e poder asesorar lingüisticamente na súa redacción a non especialistas. |
C7 |
Capacidade para aplicar os recursos dixitais á produción, corrección, edición e análise dos discursos tanto escritos como orais. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D3 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |