Código |
Descrición |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B3 |
Capacidade no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios. |
B7 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias. |
C1 |
Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios. |
C3 |
Coñecemento da evolución das formas, medios e xéneros da creación literaria nas literaturas do grao. |
C4 |
Coñecemento da periodización e sistematización dos movementos literarios e capacidade para distinguir e clasificar as obras dentro deses períodos e movementos. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |