Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Fonética e fonoloxía do español e as tecnoloxías da fala
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase mediante a asistencia, a participación activa nas clases e a preparación das lecturas previas. 10
Resolución de problemas de forma autónoma A/o estudante realizará de forma autónoma os exercicios propostos polo profesor relativos a todos os temas da materia. Estes exercicios poderán ter vencelladas lecturas obrigatorias ou opcionais que leven á súa resolución. 25 A1
A2
A5
B1
B2
B3
B7
C11
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dous exames parciais ao longo do curso. Serán de carácter teórico-práctico 40 A1
B2
B7
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Poden requerir lecturas complementarias obrigatorias que serán indicadas polo profesor da materia. 25 A1
A2
A5
B1
B2
B3
B7
C8
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1ª edición das actas: os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. 

Para a avaliación continua, a data de todas as probas indicadas realizaranse e acordaranse co estudantado segundo a marcha do curso. De optar pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión ó profesorado por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. 

Pola súa banda, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade (http://fft.uvigo.es/gl/docencia/exames/).

2ª edición das actas, do mesmo xeito que na avaliación única, o estudantado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade (http://fft.uvigo.es/gl/docencia/exames/).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000