PRIMEIRA EDICIÓN DE
ACTAS Avaliación continua Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de
avaliación continua; con todo, a materia é presencial: é responsabilidade do
alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades
ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto co profesorado e da plataforma MOOVI. A avaliación estrutúrase en tres partes:
1. Entrega de exercicios (30%)
2. Traballo tutelado (30%)
3. Exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data prevista
no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación
definidas como "exame: preguntas abertas" e "exame: exercicios, actividades e problemas".
A información sobre as datas de entrega dos exercicios e o traballo tutelado, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en
MOOVI. Avaliación única O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as
tres partes da avaliación (entrega de exercicios, traballo tutelado e exame) na
data oficial de exame sinalada pola Facultade. O alumnado que opte por este
sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) ao profesorado antes do
1 de marzo. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación
continua. SEGUNDA EDICIÓN DE
ACTAS Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán
presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Ademais de facer
o exame (que nesta ocasión valerá o 70% da nota) terán que entregar tamén o traballo tutelado (que valerá o 30% da nota). IMPORTANTE Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha
cualificación de polo menos 4 puntos (sobre 10) no exame. De non
cumprirse este requisito, aínda que a suma das partes alcance ou supere o
5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia. Nas probas de
avaliación non só se terá en conta a adecuación e calidade dos contidos, senón
tamén a corrección lingüística e o rigor académico. No caso de que se
detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta cualificarase cun cero. O alumnado erasmus interesado en cursar a materia
deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua
española igual ou superior a C1. |