O obxectivo desta materia é coñecer os conceptos fundamentais da expresión de eventos ou predicados de natureza dinámica. Búscase tamén distinguir os diferentes tipos de eventos e os seus esquemas dentro dun discurso.
Así mesmo, na materia traballarase en describir a estrutura e relacións eventivas dun discurso, así como en xustificar as eleccións feitas con base na semántica. É dicir, finalmente os discursos vanse a analizar desde un punto de vista sintáctico e semántico.