Resolución de problemas |
Refírese ás actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, así como resumos de lecturas que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á análise sintáctica de textos en árbore, ó comentario gramatical argumentado de construcións sintácticas problemáticas en canto á súa interpretación e á redacción e corrección morfosintáctica de textos de diferente tipoloxía.
Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados. Boa parte deles iranse colgado na plataforma MOOVI. |
Actividades introdutorias |
Son as explicacións e actividades que se realizan o primeiro día de clase dedicadas a expoñer os obxectivos, a avaliación, as principais tarefas do curso (lecturas e traballos obrigatorios, redaccións) e a bibliografía da materia. |