Lección maxistral |
Os alumnos disporán de atención personalizada a través de titorías no despacho do profesor e de atención telemática por medio do correo electrónico e da plataforma Moovi ou outras. O método docente, ademais, será o do diálogo e o alumnado poderá formular cantas dúbidas lle suxira o discurso da materia. |
|
Eventos científicos |
Eventualmente, o alumnado será convidado a participar en sesións de conferencias, debates, proxeccións, congresos, xornadas de estudos, que serán avaliados polo profesor en función do seu interese e relación cos contidos da materia. |
|