Pártese da delimitación e caracterización das disciplinas que estudan os sons e da súa representación, e abórdase logo a descrición do sistema vocálico galego, tónico e átono, o sistema consonántico e a sílaba, ditongos e hiatos, para rematar no nivel suprasegmental con todo o referido á prosodia. Dedícase especial atención á mellora da fonética e da prosodia do alumnado, alí onde son máis apreciables as interferencias fónicas do castelán, coa proposta de actividades de carácter oral. Tamén se atende ó modelo fónico estándar e a procesos concretos de variación e cambio fonéticos que se dan no galego, xa sexa por razóns xeográficas, sociais ou situacionais.