PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS: A avaliación e cualificación do traballo do alumnado se levará a cabo cun procedemento de avaliación continua mais a nota media de dous exames finais (test de lectura e esame de contidos) de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A avaliación continua comprende a participación activa nas clases, a lectura obrigatoria dos libros indicados no programa e o seu comentario nas clases para demostrar a súa lectura razoada, asi como a realización de traballos. Se valorará mol positivamente a asistencia y participación activa nas clases. Ademais, nas datas fixadas no calendario oficial de exames da FFT se farán os dous exames escritos anteditos. O contido dos devanditos exames terá que ver coas lecturas feitas na aula. Cada un dos dous exames acadará un valor do 40% da nota total da materia. Non se podrá superar a materia sen acadar un mínimo de 5 en cada una das partes evaluadas nos exames escritos. Os/As estudantes que suspendan na avaliación continua deberán examinarse de toda a materia na segunda edición de actas indicada máis abaixo. O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar tanto o exame escrito final sobre os contidos da materia , como tamén un traballo escrito adicional; o tema do traballo será acordado coa profesora responsable da materia. A data do exame escrito será a publicada no calendario oficial de exames do Decanato da FFT. A data límite de entrega do traballo escrito coincidirá tamén con esa data. A nota da materia resultará da nota media entre a cualificación obtida polo traballo escrito e a cualificación no exame, sendo preciso acadar un 5 como nota media entre ambas. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. O exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames publicado polo Decanato da FFT.
ADVERTENCIA: En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral ou escrita complementaria a aquel alumnado, xa sexa de evaluación continua ou de única que, según o seu criterio razoado, non demostre suficiente competencia na materia, ou bien por calqueira outra causa, incluida a sospeita de fraude, precise confirmar mellor o seu nivel na materia. |