Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma (B) Inglés IV
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba de comprensión lectora, acompañada por exercicios de gramática e vocabulario asociados. 30 A5
B1
B4
B6
B7
C1
C11
C13
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de expresión escrita: redacción dun dos tipos de textos expostos nos contidos do curso 30 A2
A4
B2
B6
B8
B9
B10
C6
C9
C11
C13
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de expresión escrita: redacción dun dos tipos de textos expostos nos contidos do curso 40 A2
A4
B2
B6
B8
B9
B10
C6
C9
C11
C13
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Existen dous sistemas de avaliación (continua e única) parasuperar a materia nesta primeira oportunidade e participar nun deles implica aimposibilidade de participar no outro. E dicir, unha vez que o alumnado sepresenta a unha proba de avaliación continua xa non pode optar á avaliaciónúnica.

Avaliación continua:

Na primeira edición de actas, o progreso do alumnadoserá avaliado principalmente en dous exames mediante os que seavaliará a expresión escrita (30% o primeiro e 40% o segundo = 70% en total),e un exame de comprensión lectora e uso da gramática evocabulario (30%). Os tres exames parciais terán lugar a metade decuadrimestre (primeiro exame parcial de escrita: 30%) e ao final docuadrimestre (segundo exame parcial de escrita: 40% e exame de lectura,gramática e vocabulario: 30%) É responsabilidade do alumnado asistir ás clases,pois os exames serán anunciados na aula e celebraranse tamén na aula. Oprofesorado non terá a obriga de anunciar as datas dos exames parciais nin naplataforma MooVi nin por correo electrónico.

Para facer media, a nota de cada compoñente (Writing vs. Reading/Grammar/Vocabulary) debede ser igual ou superior a unha cualificación de 5 (sobre 10). Parasuperar a materia, é imprescindible acadar unha puntuación media globalde 5 puntos (sobre 10). As probas non realizadas contarán comaun cero.

No caso de obter un suspenso na nota global na primeiraedición de actas, se o alumnado aproba soamente unha das compoñentes (Writing vs. Reading/Grammar/Vocabulary),gardaráselle a nota desa compoñente, polo que só terá que recuperar a partesuspensa na segunda edición de actas (xuño/xullo).

Se un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamentexustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co equipodocente con anterioridade á data de realización da proba. Os exames parciais eas probas prácticas considéranse oficiais, e polo tanto, un cambiode data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación cirúrxicaou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

O alumnado Erasmus+ entrante ou saínte terá que realizar asprobas nas mesmas datas ca o resto do alumnado.

Avaliación única

Para o alumnado que escolla dende o comezo do curso osistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% dacualificación final. A proba terá dous compoñentes (70% Writing e30% Reading/Grammar/Vocabulary). Para superar a materia, o alumnadodebe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) para cadacompoñente.

A data deste exame será a establecida pola Xunta da FFT parao período de exames correspondente.

O alumnado Erasmus+ entrante e saínte terá que realizar oexame de avaliación única na data oficial, sen que sexa posible fixar unha dataalternativa para o mesmo.

2ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non se presente ou suspenda ao final docuadrimestre (primeira edición de actas) poderá presentarse aos exames dexuño/xullo nas datas que marque o calendario oficial do centro.

Para as/os estudantes que non se presentaran antes, aproba terá dous compoñentes (70% Writing e 30% Reading/Grammar/Vocabulary).Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5puntos (sobre 10) para cada compoñente.

Aqueles/as alumnos/as que se presentaran na primeira ediciónde actas pero foran cualificados/as con Suspenso poderán facerunicamente o compoñente no que non acadaran un 5, conservándoselle a nota docompoñente aprobado (nesta convocatoria soamente).

O alumnado Erasmus+ entrante e saínte terá que realizar oexame da segunda oportunidade na data oficial, sen que sexa posible fixar unhadata alternativa para o mesmo.

OUTROS COMENTARIOS

Non se contempla o exame único do mes de decembro/xaneirocomo exame de recuperación para aprobar a(s) parte(s) da(s) destreza(s)suspensa(s) na avaliación continua.

De non superalas na segunda edición de actas, o/a alumno/adeberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores.Polo tanto, as partes superadas carecerán de validez para datas e cursosposteriores.

Durante a realización dos exames e probas prácticas non sepermite a utilización de dicionarios, ordenadores ou calquera outro aparelloelectrónico, con ou sen conexión a internet.

A copia ou plaxio parcial ou total en calquera tipo deactividade suporá un cero nesa parte. Alegar descoñecemento do que supón unplaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Os mesmos criterios, aquí descritos, tamén se aplicarán aoalumnado alleo.

Para poder seguir a docencia, recoméndase que o alumnadoposúa un nivel B1.2 (Marco Europeo de Referencia) de inglés.

N.B.: A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000