Actividades introdutorias |
Explicación pormenorizada do programa da materia e do desenvolvemento desta dentro e fóra da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios, outros libros e lecturas complementarios e outras ferramentas en liña para a aprendizaxe autónoma dunha lingua estranxeira. |
Lección maxistral |
Exposicións teóricas e seguimento práctico da aprendizaxe gramatical, léxica e cultural a través do Arbeitsbuch ou libro de traballo. |