Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A5 |
Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
|
B6 |
Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural. |
B10 |
Capacidade para desenvolver un proceso de comunicación sólido, responsable e ético. |
C1 |
Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios. |
C2 |
Capacidade para aplicar os métodos de crítica textual á edición dixital de textos literarios para a produción de textos críticos adecuados ao público ao que van dirixidos. |
C7 |
Capacidade para aplicar os recursos dixitais á produción, corrección, edición e análise dos discursos tanto escritos como orais. |
C10 |
Coñecemento da norma e o uso discursivo das linguas do grao e capacidade para aplicar de maneira crítica eses coñecementos na actividade profesional. |