Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma (A) Portugués IV
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
B6 Capacidade de apreciar outras culturas e competencia para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidade intercultural.
B10 Capacidade para desenvolver un proceso de comunicación sólido, responsable e ético.
C1 Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios.
C2 Capacidade para aplicar os métodos de crítica textual á edición dixital de textos literarios para a produción de textos críticos adecuados ao público ao que van dirixidos.
C7 Capacidade para aplicar os recursos dixitais á produción, corrección, edición e análise dos discursos tanto escritos como orais.
C10 Coñecemento da norma e o uso discursivo das linguas do grao e capacidade para aplicar de maneira crítica eses coñecementos na actividade profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000