Recoméndase a compra do libro de texto principal para o seguimento do curso.
Recoméndase o estudo diario da materia, a lectura das explicacións dadas na clase, os exercicios prácticos e a autocorrección.
Para poder seguir as clases recoméndase ter un nivel de inglés B1.2.
O estudantado Erasmus debe ter o nivel B1.2 (MCER) para poder cursar esta materia.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade dos contidos, senón tamén a súa corrección lingüística.
A copia total ou parcial ou o plaxio en calquera tipo de traballo ou exame dará lugar a un cero na dita proba. Alegar o descoñecemento do que constitúe plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade ao respecto.
Non se permite o uso de dicionarios, ordenadores, conexión a internet ou calquera outro medio electrónico durante os exames.
Recoméndase encarecidamente a asistencia regular ás clases. As probas parciais convocaranse e realizaranse en horario de clase; o equipo docente non ten a obriga de anunciar as probas nin por MooVi nin por correo electrónico.
|