Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Ámbitos literarios hispánicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Redactar o comentario literario dun conto de Emilia Pardo Bazán de acordo cos parámetros de análises establecidas e traballadas na aula. 35 A1
A2
A5
B1
B7
B9
C2
C3
C4
C11
D1
D3
Traballo Traballo tutelado correspondente ao bloque terceiro do apartado de contidos que consistirá na elaboración de seis fichas lexicográficas relativas a textos literarios do século XVII, que deberán ser entregadas antes do 20 de decembro. Elaboraranse conxuntamente co alumnado da Universitè de Orléans (Francia) coordinado polo profesor Samuel Fasquel que impartirá algunha das leccións maxistrais de forma virtual. 25 A1
A2
A5
B1
B7
B9
C2
C3
C4
C11
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Redactar o comentario literario dunha das lecturas obrigatorias do segundo bloque de contidos (literatura hispanoamericana) 20% e unha pregunta de desenvolvemento en relación aos temas impartidos nas leccións maxistrais 20% 40 A1
A2
A5
B1
B7
B9
C2
C3
C4
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

AVALIACIÓN CONTINUA: 

Para seguir esta avaliación convén facer o traballo tutelado (fichas lexicográficas) e os dous exercicios arriba detallados. A data de entrega das fichas lexicográficas será antes do 20 de decembro e a realización dos dous exercicios serán sinalas ao comezo de cada un dos bloques de contidos (I O conto finisecular. Pardo Bazán; II Un percorrido pola literatura hispanoamericana a través da pegada das prácticas literarias e culturais periféricas). 

AVALIACIÓN ÚNICA:
 
Proba única na data fixada pola facultade. Dúas preguntas de exposición longa sobre as lecturas e contidos dos bloques II e III e a redacción do comentario literario dun conto de Emilia Pardo Bazán. 

CONVOCATORIA DE JULIO: 
Proba única na data fixada pola facultade. Dúas preguntas de exposición longa sobre as lecturas e contidos dos bloques II e III e a redacción do comentario literario dun conto de Emilia Pardo Bazán.
Para unha orientación sobre a avaliación da materia, ao comezo do curso proporcionarase ao alumnado un calendarioaproximado cos distintos exercicios e presentacións que levarán a cabo durante o mesmo. 

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES: 

  • Para superar a materia é imprescindible demostrar corrección lingüística e ortográfica. 
  • Non aprobará quen cometa faltas de ortografía e/o acentuación, así como quen incorra en erros graves na colocación dos signos de puntuación. 
  • Para o seguimento da materia é imprescindible o acceso ao Moovi correspondente. 
  • Todas as probas de avaliación levarán a cabo de forma presencial e realizaranse en papel, sen axuda de ningún dispositivo electrónico. 
  • Queda expresamente prohibido o emprego de calquera tipo de recurso electrónico durante as probas de avaliación, incluídos os teléfonos móbiles ou os reloxos intelixentes.
    Prohíbese expresamente a gravación das clases en calquera formato. 
  • Lémbrase que o plaxio ou a copia invalidan automaticamente calquera exercicio e conlevan unha puntuación final de 0 puntos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000