Esta materia pretende facilitarlle ó estudantado a adquisición dun dominio avanzado tanto na expresión oral e escrita en lingua galega sobre todo no eido morfosintáctico (con especial fincapé nos trazos que a singularizan), coma na gramaticografía, terminoloxía gramatical e fontes de información da lingüística galega, priorizando sempre un enfoque aplicado.