Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (B) Portugués II
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios.
C5 Comprensión e coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria e da teoría e crítica literaria para ter unha visión fundamentada e crítica da creación literaria.
C10 Coñecemento da norma e o uso discursivo das linguas do grao e capacidade para aplicar de maneira crítica eses coñecementos na actividade profesional.
C11 Capacidade para avaliar e habilidade para empregar ferramentas e recursos dixitais e presenciais para a procura e xestión de información no ámbito das linguas ou as literaturas do grao.
D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D3 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000