Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Idioma moderno: Idioma (A) Inglés II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación En sesións prácticas do curso previamente anunciadas pola/s docente/s, o alumnado fará presentacións orais na aula que serán avaliadas con respecto á destreza de "Speaking". 30 A2
A4
A5
B2
B4
B6
B8
B9
B10
C6
C7
C9
C11
C13
D1
Exame de preguntas obxectivas Dúas probas de escoita, con resposta escrita a preguntas sobre un documento oral que teñen que escoitar, realizadas ao longo do curso. A primeira a mediados do cuadrimestre e a segunda na derradeira semana de aulas. 30 A2
B1
B2
B4
C5
Exame de preguntas obxectivas Unha proba escrita de Use of English baseada na totalidade dos contidos gramaticais e léxicos do curso. Esta proba terá lugar na derradeira semana de aulas. 40 A1
B1
B4
C5
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A1) Avaliación continua

A realización dunha ou varias das probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final e a súa nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas.

A primeira proba de escoita e a primeira proba de produción oral terán lugar na metade do cuadrimestre. A segunda proba de escoita e a segunda proba de produción oral terán lugar na derradeira semana de aulas; a proba de Use of English terá lugar na derradeira semana de aulas.

A2) Avaliación única

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante dúas probas obrigatorias que terán lugar ao final do cuadrimestre. É imprescindible que a/o estudante se presente a todas as probas de avaliación para cada unha das tres partes de que consta a materia. De non ser así, non se realizará a media aritmética entre as tres partes, a/o estudante obterá un suspenso e deberá presentarse novamente a todas as partes da materia na segunda edición de actas.

Probas da avaliación única:

a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (40%) e escoita (30%);

b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante.

O exame final terá lugar na data establecida no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade.

Requisitos para aprobar a materia para todo o alumnado (tanto de avaliación continua coma de avaliación única):

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos 5 en cada unha das partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das tres partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse ao exame de recuperación das partes non superadas. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

Na segunda edición de actas a/o estudante deberá repetir as probas das partes que non aprobe e poderá conservar as notas das outras partes.

B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en xuño/xullo para a segunda edición de actas.

A avaliación consistirá en dúas probas, das que o alumnado deberá realizar unicamente as partes que non superara na primeira edición de actas:

a) un exame escrito, que suporá o 70% da nota global e constará de exercicios de Use of English (40%) e escoita (30%);

b) un exame de expresión oral, que contará como o 30% restante.

A data do exame escrito será a data oficial de xuño/xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Como na primeira edición de actas, para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos un 5 en cada unha das tres partes (Use of English, escoita e expresión oral). De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das catro partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. Cando a media das tres partes sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).

En calquera das probas, a copia ou plaxio total ou parcial suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

N.B.: A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000