-O estudantado de intercambio debe coñecer o idioma en que se imparte a materia (español) para poder seguila.
-En cada curso académico elixiranse algúns dos contidos mencionados no Paso 3, que serán analizados de forma máis detallada. As actividades organizaranse atendendo á diversidade do estudantado.
-É responsabilidade do estudantado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
-A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
-A copia ou plaxio nos traballos ou no exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ó estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
-Recoméndase o uso da bibliografía básica indicada pola profesora a disposición do estudantado nas bibliotecas da Universidade de Vigo.
-No momento en que se entregan os exames e os cuestionarios, o estudantado só terá ao seu alcance o material autorizado para realizala. En consecuencia, queda prohibido tanto usar como ter calquera tipo de material de consulta ou axuda, así como de dispositivos electrónicos con capacidade de comunicación e/o de almacenamento de datos, que deberán permanecer apagados e fóra do alcance e da vista do/a estudante ata a saída do lugar no que se realicen as probas de avaliación. |